Novedades
STREAMINGS
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING-GI
Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING –GI que terá lugar o día 8 de Novembro do 2026, no pavillón Municipal de Baltar en Sanxenxo, para as categorías:
Sénior, Veterano, Júnior (U20), Cadete (U17) e Escolar (U15).
O programa quedaría do seguinte xeito:
COMPETICIÓN SÉNIOR, MÁSTER, U20, U17 e U15: GRAPPLING-GI
Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 04 de Novembro ás 00:00 horas.
Os deportistas só se poderán inscribir en unha categoría de idade.
Os deportistas MÁSTER: agruparanse por peso, non por idade. SÓ HABERÁ UNHA CATEGORÍA.
Vestimenta OBRIGATORIA: GI VERMELLO e GI AZUL.
Control de peso: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
Competición día 08 de Novembro de 10:00 a 14:00 horas.
Entrega de medallas de 14:00 a 14:30 horas.
ÍNSCRIPCIÓN: En la web de https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
Tapices: 4 tapices.
Lugar: Pavillón de Baltar de Sanxenxo.
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/gZx9GTpY2xEmZPgZ7
As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados, na suma total de puntos de cada competición: SÉNIOR + VETERANO e por outra banda U20, U17 e U15.
No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se subirá o podio.
Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
Cada club debe presentar un adestrador/técnico INSCRITO NO PROGRAMA ZENYT.
A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
Info completa aquí: Regulamento Cto. Galego de Grppling-Gi
Link de la Noticia
Link de la Noticia
2026-10-19 | Fed Gallega
2026-10-14



