Novedades
STREAMINGS
GALICIA DESTACA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SAMBO E COMBAT SAMBO
A participación galega logrou unha salientable actuación nos Campionatos de España de Sambo deportivo, tanto masculino como feminino, celebrados o 14 de marzo no Pavillón do Boyal, en San Sebastián de los Reyes (Madrid), nunha competición que bateu marca de participación e desenvolveuse sobre seis tapices oficiais de loitas olímpicas.
As seleccións galegas infantil, cadete, xuvenil e absoluta estiveron acompañadas polos técnicos Andrés Senín, Alberto López, José Luis Díaz e Javier Rial. Todas as categorías conseguiron excelentes resultados.
A competición reuniu a un gran número de deportistas de toda España, consolidándose como unha das citas máis salientables do calendario nacional de sambo.
RESULTADOS EN SAMBO
🥇Noemí Dios -65 kg
🥇Matías Ramos -71 kg
🥈Héctor Fernández -44 kg
🥈Iván Prieto -54 kg
🥈Alfredo Vila -42 kg
🥈Iván Muñiz -79 kg
🥉Nicolás Rial -88 kg
🥉Martín Barbeito -64 kg
🥉Seil Soto -71 kg
🥉Daniel López -71 kg
🥉Nayara Paz -54 kg
🥉Miguel Mirás -98 kg
Tamén cabe destacar a Selección Galega cadete masculina de Sambo, que logrou a medalla de bronce por equipos.
ÉXITO EN COMBAT SAMBO
Na competición de Combat Sambo, os deportistas do Club Pretorians asinaron unha actuación histórica a nivel nacional.
Club Pretorians – Campión de España de Combat Sambo
Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. — Bronce nacional
Os deportistas que lograron estes resultados foron:
6º Andrey José Guevara -71 kg
🥉Elvis Harold Madriz -79 kg
🥈Joel Antonio Caicedo -88 kg
🥈Jhon Harold Caicedo -98 kg
🥉Toni López Armenteros +98 kg
REPRESENTACIÓN ARBITRAL
O Colexio Galego de Árbitros contou cunha ampla representación nestes Campionatos de España, participando activamente no desenvolvemento da competición.
Aimara Osco
Verónica Pérez
Nerea Vila
Ángel Amor
Daniel Fernández
Link de la Noticia
Link de la Noticia
2026-03-27 | Fed Gallega
2026-07-22



