post
O CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE DE MMA CHEGA A BUEU O 1 DE MAIO
O Pavillón Pablo Herbello de Bueu será o escenario do Clinic Autonómico de Arbitraxe de MMA, que se celebrará o venres 1 de maio de 2026. A actividade será válida para o ascenso autonómico e obrigatoria para os ascensos nacionais. O clinic será impartido por Antonio García Morales, responsable nacional de Grappling e MMA, e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Durante a formación abordaranse contidos específicos relacionados coas categorías de: MMA Youth MMA Júnior e Sénior A actividade está dirixida a: Árbitros que desexen ascender a nivel nacional en 2026 Persoas interesadas en obter o título de árbitro autonómico de MMA Deportistas e técnicos que queiran mellorar a súa formación Establécese unha cota de 10,00 € para a certificación arbitral, tanto para ascenso como para a obtención do título de árbitro autonómico. Para técnicos e deportistas sen certificación, a participación será gratuíta. As persoas interesadas deberán remitir un correo electrónico con todos os seus datos completos a info@fegaloita.es. Consulta toda a información no seguinte documento: Clinic arbitraje MMA 2026

Link de la Noticia
2026-04-16 | Fed Gallega

ZENYTSPORTS

COMBINAMOS DEPORTE E I+D

Zenyt sports expone un proyecto social por la igualdad en los deportes. Tenemos un objetivo definido claramente, impulsar el deporte minoritario mediante software automatizados.