Loading...

WRESTLING GALICIA

Noticias

  • Inicio
  • GALICIA DESTACA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SAMBO E COMBAT SAMBO
image


GALICIA DESTACA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SAMBO E COMBAT SAMBO



A participación galega logrou unha salientable actuación nos Campionatos de España de Sambo deportivo, tanto masculino como feminino, celebrados o 14 de marzo no Pavillón do Boyal, en San Sebastián de los Reyes (Madrid), nunha competición que bateu marca de participación e desenvolveuse sobre seis tapices oficiais de loitas olímpicas. As seleccións galegas infantil, cadete, xuvenil e absoluta estiveron acompañadas polos técnicos Andrés Senín, Alberto López, José Luis Díaz e Javier Rial. Todas as categorías conseguiron excelentes resultados. A competición reuniu a un gran número de deportistas de toda España, consolidándose como unha das citas máis salientables do calendario nacional de sambo. RESULTADOS EN SAMBO 🥇Noemí Dios -65 kg 🥇Matías Ramos -71 kg 🥈Héctor Fernández -44 kg 🥈Iván Prieto -54 kg 🥈Alfredo Vila -42 kg 🥈Iván Muñiz -79 kg 🥉Nicolás Rial -88 kg 🥉Martín Barbeito -64 kg 🥉Seil Soto -71 kg 🥉Daniel López -71 kg 🥉Nayara Paz -54 kg 🥉Miguel Mirás -98 kg Tamén cabe destacar a Selección Galega cadete masculina de Sambo, que logrou a medalla de bronce por equipos. ÉXITO EN COMBAT SAMBO Na competición de Combat Sambo, os deportistas do Club Pretorians asinaron unha actuación histórica a nivel nacional. Club Pretorians – Campión de España de Combat Sambo Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. — Bronce nacional Os deportistas que lograron estes resultados foron: 6º Andrey José Guevara -71 kg 🥉Elvis Harold Madriz -79 kg 🥈Joel Antonio Caicedo -88 kg 🥈Jhon Harold Caicedo -98 kg 🥉Toni López Armenteros +98 kg REPRESENTACIÓN ARBITRAL O Colexio Galego de Árbitros contou cunha ampla representación nestes Campionatos de España, participando activamente no desenvolvemento da competición. Aimara Osco Verónica Pérez Nerea Vila Ángel Amor Daniel Fernández

Fed Gallega