O CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE DE MMA CHEGA A BUEU O 1 DE MAIO

Publicado el 16/04/2026

Compartir: WhatsApp Facebook Twitter

O Pavillón Pablo Herbello de Bueu será o escenario do Clinic Autonómico de Arbitraxe de MMA, que se celebrará o venres 1 de maio de 2026.

A actividade será válida para o ascenso autonómico e obrigatoria para os ascensos nacionais.

O clinic será impartido por Antonio García Morales, responsable nacional de Grappling e MMA, e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Durante a formación abordaranse contidos específicos relacionados coas categorías de:

MMA Youth
MMA Júnior e Sénior

A actividade está dirixida a:

Árbitros que desexen ascender a nivel nacional en 2026
Persoas interesadas en obter o título de árbitro autonómico de MMA
Deportistas e técnicos que queiran mellorar a súa formación

Establécese unha cota de 10,00 € para a certificación arbitral, tanto para ascenso como para a obtención do título de árbitro autonómico. Para técnicos e deportistas sen certificación, a participación será gratuíta.

As persoas interesadas deberán remitir un correo electrónico con todos os seus datos completos a info@fegaloita.es.

Consulta toda a información no seguinte documento: Clinic arbitraje MMA 2026

Información de la noticia